Somos unha entidade sen ánimo de lucro cuxos fins principais son:
Fomentar e promover a participación dos cidadáns na vida pública.
Fomentar e promover o asociacionismo entre os cidadáns.
Fomentar e promover o exercicio da participación cidadá e da democracia participativa.
Coordinar actividades.
Canalizar e representar as inquietudes e asuntos de interese xeral.
Establecer, manter relacións e obter a adecuada representación nos organismos e instancias de carácter público e privado.
Establecer e manter relacións coa Administración e obter representación nos seus organismos de participación.
Difundir e defender os valores de igualdade entre os cidadáns e cidadás.
Fomentar a educación ambiental e a preservación do hábitat.
Promover a formación e impartir formación.